jueves, 8 de diciembre de 2011

Foto-Galería

jueves, 1 de diciembre de 2011

Presentación

Situada no centro do eixo A Coruña-Vigo, CALDAS de Reis ofrece dende principios dos 90 unha zona de escalada deportiva con estilo propio: O Segad.
Agora xa, 2007, creemos que se pode disfrutar alí de outra modalidade moi cercana: a escalada en bloque.
A actividade lévase a cabo no monte de Sta María de CALDAS, actualmente afectado polas obras dunha circunvalación á población. Ditas obras modificaron recientemente á parte baixa do sector “Muerte” e poden dificultar o acceso á pista principal pola que cegar ós sectores.

martes, 1 de noviembre de 2011

Accesos e Sectores

ACCESOS
Chegar ós bloques é sinxelo...:
Saíndo de CALDAS de Reis pola N-550 con dirección Pontevedra, xusto antes do cartel que indica o límite da población, colledes un desvío á esquerda situado frente a un taller e un edificio color "salmón". Outro cartel marcará “EIRÍN”.
Inmediatamente chegades a unha bifurcación pola que debedes continuar á dereita ata chegar ó aparcamento do cemiterio. Actualmente aconsellamos que deixedes aquí os coches, xa que máis adiante a pista pode estar en mal estado pola auga e o trasiego de camións. Dende aquí, en 15’ estaredes en calquer sector.(Nota: hai que destacar que , sen non tedes coche, poderedas chegar ao sectores a pé en apenas 30', dende CALDAS)
Tódolos sectores están pegados á pista e con espacio para deixar algún coche sen obstaculizar.
Según "Google Maps":

Ver mapa más grande



OS BLOQUES
Roca: granodiorita...
Altura: ata 7m.Bastantes bloques altos aínda por abrir
Escalada: en xeral presa pequena. Escalada técnica e explosiva.


SECTORES
Os bloques fican agrupados en sectores ben definidos:
    A Canteira:
    Este é o primeiro sector que atoparemos. Conta con poucos bloques pero con pasos variados de boa calidade: unha longa travesía de dificuiltade media, un lazamento en roca de canteira (partida) unha arista alta moi fácil…e algúns por abrir


    Muerte:
    Está afectado actualmente polas obras dunha futura circunvalación a Caldas de Reis, afortunadamente éstas ainda permiten escalar a maior parte de pasos que xa estaban abertos.(30 pasos aprox.).
    É un sector moi práctico debido ao seu acceso inmediato e á concentración dos pasos.

    O Rey:
    É o sector máis pequeño, apenas conta con 5 pasos, ainda que se tedes un bo lombo vos recomendamos que o vistedes para probar o bloque que lle da nome, “O Rey”:travesía de bos invertidos desplomada e con pes precarios ( moi atlético!!)


    A Aleta:
    Situado no cumio do monte, nel podedes disfrutar dunha boa posta de sol con bloques especiais
    .





    Taliban:
    É sector máis grande é con maior potencial.
    Esconde varias xoias, entre elas o bloque que da nombre ao sector, o Taliban, un bloque atlético con moito recorrido e caida alta no final. A parte baixa non se molla e sempre ten boa adherencia.

    sábado, 1 de octubre de 2011

    RECOMENDACIÓNS

    • No cemiterio hai fonte con auga potable.
    • En Caldas hai supermercados, caixeiros, pastalerías, restaurantes, bares...case de todo.
    • A gasoliñeira está moi preto, seguindo en dirección Pontevedra pola N-550.
    • No pobo hai termas e río para aliviar as mans ou refrescarvos algún día quente.
    • A parte de escalar, aquí tamén poderedes facer turismo. Hai unha ruta de senderismo á veira do río:"Ruta da auga" (9 km)
    • Tende coidado os dias de caza:... ¿xoves e domingo? podedes levar un bo susto
    • Disfrutade moito!!!